12.12.08

Continuamos....

Estimados e estimadas compañeiras, ante todo agradecer a vosa participación activa no curso e tamén, como non, as primeiras incursións na bitácora (que desexo que se vaian multiplicando e servindo de conexión para o grupo). Entendo que, á vista dos resultados da avaliación, o curso en xeral foi de proveito para todos e todas. Para min foi unha boa ocasión para estar de novo cerca das aulas a traves vosa e unha boa experiencia profesional.
Parabéns para Pere, Concha, Fernando e José Ramón, xa que co voso traballo fómonos achegando a unha nova maneira de ver as cousas do noso día a día.
Temos algúns centros traballando a idea de formar grupo de traballo e tamén persoas interesadas en contactar con outras para organizar equipo. Animádevos e, se queredes, mandade ao meu correo a vosa idea; tamén é bo que o deixedes na bitácora. Eu encárgome de poñervos en contacto. Tedes ata o 19 de decembro para mandar o papel da solicitude e logo podemos xuntarnos para preparar o proxecto.
Aquelas persoas que non se animen a formalizar un grupo de traballo xa sabedes que tedes a posibilidade de avanzar neste tema contando coa colaboración de José Ramón; así que a volta de Nadal podemos retomalo traballo.
Con respecto aos títulos, en canto estean preparados xa vos aviso.

Para todos e todas, se no nos vemos antes, que teñades un Feliz Nadal.
Unha aperta
Esther

1 comentario:

Pacodíaz dijo...

O blogue de lectura lereescribir ten o gusto de concederlle - polo seu esforzado traballo educativo - o importante premio "mira que blogue maneiro".
Prégámoslle que pase pola nosa bitácora recoller o agasallo que agardamos sexa do seu gusto.
Parabéns.