3.11.08

"experiencias de traballo cooperativo nas aulas de ifantil e primaria"



Estamos traballando nas aulas con unha diversidade cada día máis grande e precisamos coñecer liñas metodolóxicas que nos sirvan de apoio para dar unha resposta educativa de calidade.
O Decreto 130/2007, polo que se publica o currículo de primaria, fai referencia aos tres principios básicos que se expresan no preámbulo da Lei Orgánica:
Calidade de educación para todo o alumnado.
Equidade que garanta o principio de oportunidades.
Esforzo compartido por todas as persoas que compoñen a comunidade educativa.

Exponse no mesmo Decreto que serán as competencias básicas o eixo de traballo nesta etapa educativa e polo tanto terán unha importante presenza no currículo. “Será preciso que a organización dos centros, a relación de todas as persoas compoñentes da comunidade educativa, as actividades docentes, ... incidan no desenvolvemento das citadas competencias”.
No apartado referido á atención á diversidade establécese que “a intervención educativa nesta etapa atenderá á diversidade do alumnado, e dicir, centrarase nas intervencións educativas dirixidas a dar respostas ás diferentes capacidades, ritmos e estilo de aprendizaxe”.
Parece claro que este novo enfoque require dunha reflexión sobre a nosa práctica educativa. Teremos que achegarnos a novas estruturas organizativas e curriculares que nos faciliten a intervención na aula promovendo a participación activa de todo o alumnado nos procesos de aprendizaxe, tratando os contidos dende unha perspectiva integradora e, sobre todo, perseguindo a funcionalidade das propostas.
O reto non é pequeno e polo tanto teremos que traballar dun xeito diferente a unha proposta máis tradicional na que todo vale para todos e todas e cada quen que aprenda o que poida. Teremos tamén que afondar en liñas de traballo que nos axuden a que todo o alumnado desenvolva ao máximo as súas capacidades e as saiba aplicar de forma axustada ao que cada situación requira.
No propio Decreto xa se apuntan varias pautas metodolóxicas, entre as cales está o traballo cooperativo como eixo vertebrador da práctica diaria: “que os nenos e as nenas traballen man con man, mente con mente, fagan conxuntamente, cooperen, progresen,....”
Pois ben, con esta idea do que debe ser o traballo cotiá, comezamos no mes de outubro o curso de traballo cooperativo. Dez centros de infantil e primaria da provincia están implicados na andaina.
Durante a 1ª sesión reflexionamos sobre a realidade de cada centro; o resumo dos campos de traballo sería:

· Con respecto ao alumnado
-mellorar os niveis de inclusión
-innovar co traballo por proxectos
-involucrarse na resolución de conflitos
-aprender a manexar as tics como facilitadoras da xestión das aprendizaxes.

· Con respecto ao profesorado
-mellorar a coordinación por nivel, ciclo e etapas (infantil e primaria)
-manexar estratexias para animar ao profesorado a traballar en estruturas organizativas innovadoras de aula e centro.
-avanzar na filosofía de apoio na aula, entendido non só como apoio ao alumnado con necesidades educativas especiais senón como apoio á propia aula.

En definitiva, partimos da idea de que unha aula é moito máis ca un conxunto de nenos e de nenas; é unha organización con vida propia, na que as interaccións que se establecen son unha fonte permanente de enriquecemento persoal e social.
Pois ben, para abrir camiños contamos neste curso coa experta:
Concepción Breto Güallar. CEIP Parque Europa. Zaragoza.
E cos expertos:
Pere Pujolás Masset. Universidad de VIC
Fernando Trujillo. Universidad de Granada
José Ramón Lago. Universidad de VIC

3 comentarios:

Rosana dijo...

Hola, nos comenzamos por fin a poñer en prácica a teoría, pero temos que dicir que ata o de agora a experiencia non é todo o boa que esperabamos.
Escollemos unha clase de segundo de primaria pequena en espacio pero grande en número e 26 alumnos bastante inquedos.
De momento, non son capaces de cumplir ben a súa función e ademais falan máis cos compañeiros dos outros grupos que cos do propio. Tamén e posible que nalgún caso nos equivocaramos facendo os grupos. Pero como di o meu compañeiro Juan, "a semente está plantada, so hai que esperar que as cebolas medren".Non nos desanimamos, imos a seguir intentandoo e a ver si dentro duns días podemos contarvos mellores noticias.

D10MAYRA dijo...

Hola!nos pusemos en practica nun aula de EI duas estratexias a maleta e folio xiratorio. SOn 8 nenos, a division por grupos non supuxo ningunha complicacion. Os resultados foron moi positivos e satisfactorios.
Moitas grazas a Esther por planificar cursos deste tipo que nos axudantanto na nosa vida diaria de aula

D10MAYRA dijo...

Ola, nos escollemos un grupo de EI de 8 nenos, para poñer en práctica duas estratexias, a maleta e o folio xiratorio. A experiencia resultou increible, non houbo problemas para formar os 2 grupos e alcanzamos os obxectivos planteados. Grazas a este curso tan bo e positivo para nos como mestras.
Tamén grazas a Esther por planificar cursos deste tipo e tan stisfactorios para a nosa vida diria nas aulas