12.11.08

Traballo cooperativo nas aulas

Queridos e queridas colegas:

Estamos no mes de novembro e, no noso curso de “experiencias de traballo cooperativo nas aulas de infantil e primaria”, significa que chegou o momento de levar ás aulas as actividades que Pere e José Ramón nos propuxeron. Como podedes ver correspóndense cos ámbitos “A” (cohesión de grupo) e “B” (o traballo en equipo como recurso para aprender) do documento que el nos deixou.

José Ramón Lago (será o experto que estará con nos as dúas últimas sesións do 3 e o 4 de decembro) fai a seguinte proposta
Actividade para traballar a cohesión de grupo: a data para enviarlla será a semana do 17 ao 23 de novembro.
Actividade para o traballo en equipo como recurso para ensinar: a data de envío será na última semana de novembro, do 24 ao 30.

Xa que contamos coa colaboración dos relatores e da relatora do curso, será importante que calquera dúbida que vos xurda a comentedes con eles e con Concha a través da nosa bitácora. Neste momento, como podedes ver, temos as presentacións de Fernando Trujillo e de José Ramón Lago.
Para organizarnos: en función de a quen lle queirades presentar á dúbida, facede o comentario ao pe das respectivas entradas. Deste xeito facilitámoslle aos expertos a posibilidade de que cada quen conteste aos comentarios que se lle presenten.

Nos prazos que nos indica José Ramón, enviádelle as actividades ao seu enderezo electrónico: jramon.lago@uvic.cat

Por suposto que para calquera aclaración, dúbida ou necesidade de colaboración, podedes contactar comigo a través de e-mail ou ao teléfono do CFR.
Por outra banda, entendo que o traballo é bastante como para ter tomada a decisión de preparar un grupo de formación no centro; de todos xeitos e no caso de que vos “ronde” a idea, podemos ir falando do tema e incluso preparar unha pequena xuntanza. Espero os vosos comentarios.
Unha aperta para todas e todos.
Esther.

2 comentarios:

Sonia dijo...

Hola colegas!
Somos as compañeiras do C.E.E Príncipe Felipe e queremos compartir convosco este comentario sobre a nosa experiencia coa primeira das actividades; a que fixemos coa intención de traballar a cohesión de grupo.
Para empezar, temos que confesar que tíñamos moitas dúbidas sobre como levar á práctica estas actividades. Ningunha parecía axeitada para @s nos@s nen@s dadas as necesidades especiais de todos eles, e tampouco sabíamos moi ben como ían responder @s nen@s a esta forma de traballo.
Despois de moito pensalo e debatelo entre nos, decidimos adaptar dúas dinámicas: “o mundo de cores” e o “escudo de armas”.
Ademáis tivemos que xuntar 4 titorías posto que a ratio no noso centro e de 5-6 alumn@s por aula. Neste aspecto temos que agradecer a colaboración das compañeiras e da dirección do centro.
Con este panorama, decidimos os equipos de alumn@s, planificamos a sesión, buscamos un horario para levar a cabo a sesión e o lugar máis axeitado (tivemos que facelo no salón de actos porque nas aulas non temos espacio suficiente) e preparamos o material necesario.
Unha vez organizado todo, con moita ilusión pero tamén con moita inquedanza polo resultado, levamos a sesión á práctica.
Temos que confesar que o resultado sorprendeunos positivamente aínda que houbo erros e dificultades imprevistas.
Como aspectos positivos, sorprendeunos ver como nen@s que reclaman moita atención dos mestres e son moi dependentes, traballaban c@s seus compañeir@s sen reclamar apenas a nosa atención. Tamén observamos como os membros do grupo se axudaban mutamente, aprendían un dos outros, comunicábanse entre eles para poñerse de acordo e tomar decisións (a pesar de que moitos deles teñen dificultades na comunicación...)
Nalgúns grupos surxiron conflictos que coa axuda das mestras puideron resolver.
Pero quizais, o máis gratificante de todo foi comprobar que @s nen@s taballaban de xeito autónomo e as mestras podíamos ir rotando polos diferentes equipos, prestando atención e axuda a aqueles nen@s que máis o precisaban, dando orientacións, comentando c@s nen@s.
Por suposto, tamén tivemos os nosos fracasos e erros: houbo un par de nen@s que polas súas especiais circunstancias non conseguimos que se implicaran no traballo (aínda que o intentamos), algúns grupos funcionaron mellor que outros, o tempo que programamos para a sesión fíxosenos curto e non puidemos realizar unha reflexión posterior sobre o traballo realizado e as vantaxes do traballo en equipo...
Así, a grandes rasgos, esta foi a nosa experiencia.
So me queda animarvos coas vosas experiencias.
Aínda estamos empezando e queda moito camiño por percorrer, con esforzo, ilusión e traballo en equipo... podemos chegar lonxe. Ánimo.

D10MAYRA dijo...

Ola!son unha das compañeiras do C.E.I.P. Montemogos. Levamos a teoría a unha aula de EI de 8 nenos para perfecionar as cores e para conocerse os nenos. A experiencia foi increible e moi boa.
Agora toca seguir traballando no tema, por exemplo, constituirnos como GRUPO DE TRABALLO, sería interesante que o día 3 saira un grupo de traballo cooperativo, para compartir as nosas experiencias e recibir moito mais material e informacion sobre o tema en cuestión
Animo e forzas